Tuesday 14 de May de 2024

Iphixenia na porta do súper, o sábado 6 de abril teatro en Mera


Compañía Humana presenta o sábado 6 de abril ás 20:30h en Mera a obra Iphixenia na porta do súper de Gary Owen baixo a dirección de Sara Rey.

 

Unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo, este emocionante e necesario monólogo fala das consecuencias dos recortes sociais, a través da vida da súa protagonista de clase baixa. Unha personalidade magnética, directa, que nos amos asen filtros e con humor a humanidade que se esconde tras as colas na atención primaria, o recorte de camas hospitalarias, a ausencia de médicos…Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

 

As entradas teñen un prezo de 4,00 € e poñeranse á venda o día do concerto no propio auditorio a partir das 19.30 horas (ata completar a capacidade da sala).

 

Autoría: Gary Owen

Dirección: Sara Rey

Elenco: Alba Caneda

Xénero: teatro contemporáneo.

Duración: 75 min

Público: Adulto (a partir de 12 anos)

Prezo: 4,00 €

 

Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios-AGADIC